28/2/09

A Voar, a nosa revista


A VOAR
"Toda unha honra que a miña foto sexa a publicada na portada da revista. Para conseguila foi moi importante a beleza e misterio das Brañas de Sada protagonistas do concurso e da foto. Tamén é moi importante o labor que fan alumnos e profes na revista para que saia tódolos anos aínda que non se vendan as unidades previstas (preocupación de Marisa). A revista xa da, desde o seu título, o reflexo d imaxinación e inocencia coa que se elabora.Así que, que nunca se deixe de publicar! Un agarimoso saúdo." Andy (2ºBach)

As que vemos na fotografía da dereita son Bárbara Daudé e Ruth Barral (1ºBach A) presentándonos un novo número da revista A Voar. Destacaremos que nesta edición incorporamos unha sección nova, "Canle", de creación literaria e artística, en lembranza daquela outra revista que dirixira a escritora, que foi profesora neste centro, Luísa Villalta. Outra novidade é que este ano a maquetación fixérona os alumnos de TIC de 1º bach A. Esperamos como sempre a vosa colaboración para os vindeiros números.

17/2/09

Entroido 2009



O vindeiro venres, 20 de Febreiro teremos a festa de Entroido no noso centro. Para celebralo organizamos diversas actividades nas que participan alumnos e alumnas dos diferentes cursos. Comezará o festival con teatro a cargo dos alumnos de 4º de ESO A, que interpretarán o 2º lance de Os vellos non deben de namorarse de Daniel Castelao. Os alumnos de Plástica están realizando as máscaras que levarán os actores e que están inspiradas nas orixinais do propio autor. Músicos, apuntadores, equipo técnico, presentadores... forman un grande conxunto de colaboradores entusiastas que farán posíbel o acontecemento.

Tamén terá lugar a presentación dun novo número da revista A Voar e no patio central haberá unha especial feira da degustación de postres típicos destas festas.

Un concurso de disfraces e comparsas poñerá o punto final a esta particular e divertida celebración.

13/2/09

¿Que opinamos sobre os clubes de lectura?


Ola! A verdade si que foi unha boa idea o do club pechado. Ademais o que o diferencia das visitas dos escritores é que cada un aparte de facer preguntas pode expoñer a súa opinion. E claro, tamén estou de acordo co que din de que igual cando somos moitos... é mellor separarnos en dous grupos para queasí todos poidamos opinar.
E... para rematar o meu comentario, decirlles sorte ás que lles toca expoñer o proximo dia, e que vos animedes a vir!!

Saúdos!

Lucy Galarca (1ºBach.B)


O libro que imos comentar no próximo club de lectura é:


NOITE DE VORACES SOMBRAS
de Agustín Fernández Paz