28/5/12

11/5/12

CERTAME LITERARIO LUÍSA VILLALTA 2012

Hoxe terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura Pintor LLoréns de Sada o fallo do premio literario Luísa Villalta destinado a fomentar a creación literaria entre o alumnado de educación secundaria e bacharelato. O acto estará acompañado de lecturas e actuacións musicais dalgúns alumnos do IES Isaac Díaz Pardo de Sada.

Dende a biblioteca do instituto queremos desexarlle sorte aos participantes!

8/5/12

REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA DE 1º DE ESO

Lémbrovos a todos e a todas que hoxe no 2º recreo (ás 12:20h) falaremos da obra de An Alfaya, A lenda da lúa de Montealto.

Esperámosvos a todos e a todas!