Participa nas actividades terroríficas organizadas pola nosa Biblioteca. Para comezar se sabes debuxar ben, presenta un debuxo co que no fagas sentir arrepíos. Presentacións dos debuxos: na bilbioteca. Data límite: 31 de outubro.
26/10/12
8/10/12
Os papalagi
O nome que dá título ao libro, papalagi, é o da extraña tribu de costumes e ideas extravagantes e ás veces aparentemente absurdas que protagoniza os discursos do xefe samoano. É dicir, os papalagi, eses seres exóticos e que despertan a curiosidade, somos nós.
5/10/12
Club de Lectura A Cova Céltica. Presentación do libro Os papalagi
Os Papalagui é un libro de ficción de Erich Scheurmann en lingua alemá, publicado en 1920 co título orixinal de Der Papalagi. A edición en galego foi editada no ano 2000 por Edicións Positivas, traducida por Onofre Sabaté.
É unha colección de once discursos que o xefe samoano Tuiavii de Tiavea dirixe ao seu pobo, nos que describe unha viaxe por Europa pouco antes da Primeira Guerra Mundial. O autor, Erich Scheurmann, aparece como testemuña e tradutor dos discursos. O título, papalagi, é o nome que os samoanos dan ás persoas de raza branca.
4/10/12
GALLAECIA FILMES
PARTICIPA NA PRIMEIRA PRODUCIÓN AUDIOVISUAL DE
GALLAECIA FILMES
GALLAECIA FILMES
Mulleres de Sada transportando auga dende a fonte Labarrosa arredor de 1950/60?
Queremos realizar un documental sobre fontes e lavadoiros no concello de Sada. Para iso necesitamos documentarnos. Precisamos o testemuño de persoas maiores que recorden como eran e onde estaban as fontes, de mulleres que de mozas lavaban a roupa nos lavadoiros. Queremos que nos conten as moitas anécdotas que ao carón destes lugares públicos xurdiron. Queremos tamén acceder a todas as fotografías antigas que estean relacionadas coas fontes e lavadoiros.
Fala cos teus avós, coas túas avoas, cos veciños e veciñas de máis idade do lugar onde vives (concello de Sada) e pídelles que fagan memoria, que busquen nos seus álbums de fotografías.
Se podes axudarnos nesta fase de documentación deixa o teu comentario nesta entrada; pon o teu nome e curso. Tamén te podes poñer en contacto con Xosé Seoane, profesor de galego do IES Isaac Díaz Pardo.
Mulleres collendo auga na fonte da praza de San Roque alá polo 1920.
Grazas pola túa colaboración.
Entre todos podemos facer realidade este proxecto.
Equipo de Dinamización da Lingua Galega do
IES Isaac Díaz Pardo de Sada
1/10/12
Comeza o Club de Lectura
Suscribirse a:
Entradas (Atom)