22/6/17

Clube de lectura "desexos literarios"

O xoves 22 de xuño reunímonos 10 estudantes (8 de 1ºBAC e 2 de 4ºESO)  e María-Jesús para comentar os libros que léramos. Cómpre lembrar que leron un libro escollido entre as suxerencias de todos eles. Así tiñamos seis que se decidiron a ler "Aventuras del ser humano", dous "seré frágil" , Alex con "Viaje alucinante" e Pablo con "Breve historia del tiempo", tal como visualizamos na seguinte fotografía:


  


A continuación cada estudante contou  as súas impresións sobre o libro, así por exemplo recomendan Aventuras del ser humano para Bacharelato e non para a ESO pois hai fragmentos moi técnicos relacionados coa sáude... "Seré fragil"conta a historia dunha adolescente que padece anorexia; pareceulles moi descorazonador aínda que a lectura é doada ... Viaje alucinante é un libro de ciencia ficción que pode interesar tanto para alumnos da ESO coma BAC xa que a súa lectura é moi amena Terémolo en conta!!! e por último "Breve historia del tiempo" foi un libro que defraudou a Pablo posto que é dificil e complexa a súa comprensión... 



Finalmente os alumnos escolleron un libro ou máis para ler nas vacacións. Algúns elexiron "Plenilunio" lectura obrigatoria de 2ºBAC, que estudantes tan aplicados!!!! Tamén hai outros títulos ....Adiviñades cales son? observadeos na seguinte imaxe:



No hay comentarios: