31/1/18

Conmemoración do Día Escolar da non Violencia e da Paz


Os alumnos da ESO conmemoraron este día coa lectura de diversos poemas relativos á Paz dos seguintes autores: Manuel María, Juan Goytisolo e da nosa prezada compañeira Montse Yoldi. A continuación e para finalizar  visualizaron un Powerpoint da canción do último premio Nobel de Literatura Bob Dylan,"Blowing in the Wind".






25/1/18




Clubs de lectura "o Cubil do Xabaril"

O pasado  17 de xaneiro levamos a cabo a posta en común dos nosos clubes de lectura de 1º e 2º de ESO.

2º de ESO

Unha dúcea de rapaces e rapazas de 2ºA, B e C reunímonos para valorar a novela de María Gripe Os escaravellos voan á tardiña". Trátase dunha novela que protagonizan tres rapaces, cunha trama moi enredada pero que engancha ata o final, que nos fala de amores imposibles, desgrazas familiares ligadas á posesión dunha fabulosa estatua funeraria exipcia,  escaravellos que revelan lugares onde se agocharon durante séculos cartas ou obxectos que ao longo da novela van construindo o puzzle final, unha planta con sensibilidade humana que sinala coas súas follas o cuarto de verán onde se se iniciaron todas as pesquisas, unha voz feminina ao teléfono que resulta ser unha pantasma... En fin, unha novela que pagou a pena ler no club.

"

 Antes de que remate o segundo trimestre volveremos ter outra sesión de club relativa á lectura de dúas novelas de Agustín Fernández Paz: "Cartas de inverno" e "Corredores de sombras".

,




1º de ESO
Ainda que de momento os rapaces non se animaron moito ao club de lectura, eran seis os alumnos anotados e acabaron vindo á nosa reunión catro, esperamos que haxa máis voluntari@s para este segundo trimestre. De principio leuse "Violeta Tamurana" de Andrea Maceiras, novela que foi do agrado de todos. 
Hugo, Inés, Jimena e Claudia

 










 Aproveitando que a profesora que conduce este club, Ofelia, é  da materia de inglés e que as alumnas amosaron o seu interés por ler algo nesta lingua, o próximo libro deste grupo será "Footsteps".  Dende aquí queremos animar a que se apunte máis alumn@s a este club.





5/1/18

Club de lectura

O mércores 20 de decembro estrenamos o punto de lectura reunindo os estudantes de 4ºESO para comentar o libro que lemos neste trimestre A que altura está o ceo ? de Jorge Mira . Os comentarios foron moi positivos en relación aos datos que aporta sobre aspectos da astronomía e reforzando os coñecementos que estudamos na materia de Cultura Científica.



Os alumnos de 1ºBAC tamén se xuntaron co libro Unha breve historia de todo ... e tal como dixeron de breve nada ... ademais de  comentar que a súa lectura ás veces era un pouco densa aínda que  aprenderon aspectos novos de Xeoloxía que non se atopan nos libros de texto. Foi un éxito de asistencia: 15 estudantes!!! esperamos que no próximo trimestre revalidemos o quorum !!!







3/1/18

O Nadal na bilioteca


Xa estamos no Nadal e a biblioteca está decorada para a ocasión



E xa temos PUNTO DE LECTURA!!!! o Apalpador este ano veu cargadiño!!